DIRECTORIO

Area Erina

López Pino

Pontevedra

España

AREA ERINA (Vigo, 1980) Licenciada en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid e cun Master de Ensino de Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa paixón polo audiovisual a partires dunha asignatura de libre elección «Formas audiovisuais non narrativas» na facultade de Comunicación Audiovisual da UC3M . A súa inquetude levoulle posteriormente a estudar Edición de video (Avid) durante un ano na Escola Ondas Escolares xestionado polo INEM en Madrid. De forma autodidacta seguiu formándose ata traballar e coller experiencia como técnica de montaxe. En Galiza traballou para a TVG coa productora Filmanova para programas, series ou documentais como «Caixa Negra», «Os Atlánticos», «Maruja Mallo» ou para o arquivo audiovisual de Inditex. Posteriormente continuou como realizadora freelance de publicidade, videobooks para actores e actrices, videoclips e promoción de cine e teatro. Paralelamente e na actualidade traballa como Artista visual no campo experimental, documental e plástico misturando ferramentas e formatos como o vídeo, a fotografía, o collage ou o celuloide, nas que os seus límites se dilúen pasando do plástico e analóxico ao dixital. Tamén colabora con formacións realizando montaxe en directo (Live Cinema) e participou en festivais como Mostra Internacional de Cinema Periférico s8, Festival de Cans, Mostra internacional «Mujeres, subversión, En la imagen, Experimental, En movimiento» Colombia, 2017 ou Festival “Jornadas de Reapropiación”, México, 2014, » Muestra de Videoarte Gallego, Bienal de Cerveira, Portugal, 2016, Festival Visible Verse 2015, Vancouver, Canadá ou Festival No Tengo Mamá, Vigo, 2015, entre outros… Actualmente está en promoción da súa primeira longametraxe documental «Aurora» producido por Gaitafilms. Estreado no Festival de Málaga 2024, e seleccionado e premiado en diversos festivais como o OUFF, Play Doc, Cineuropa, MICE, PortoFemme, Riga Film Festival… e finalista a mellor documental os Mestre Mateo 25

DATOS DE
CONTACTO

628007861

PROYECTOS
DESTACADOS