Bea Saiáns (Vigo, 1991) é graduada en Comunicación Audiovisual (UVIGO, 2016) tras pasar pola ESMAE IPP (Porto) e Universidade Católica Portuguesa (Porto), e especializada en Xénero e Comunicación (UAB, 2018) e formada tamén a través de residencias La Plantación con Víctor Erice, Pedro Costa, Joan Fontcuberta.Foi finalista da I Edición CIMA Mentoring 1 to 1 (2021) organizado polo ICAA, Netflix e CIMA. No 2025 dirixe a súa primeira curtametraxe «PLUMASS» para o CINEX Programme Braga Cidade Portuguesa da Cultura 2025. É guionista e directora da serie que estreará para a CRTVG no 2026, «RÉXIME», sobre TCA e gordofobia; así como dos «Delirio Sketchs» (2025) unha coprodución galego-portuguesa, Premio mellor proxecto do Festival Carballo Interplay 2024, ademais de seleccionado nas titorías AGAG-Fundación SGAE 2024 para mulleres guionistas.
Bea Saiáns
2025
Guión, Dirección
Bea Saiáns
2025
Guión, Dirección
Bea Saiáns
2025
Guión, Dirección