DIRECTORIO

Bea Saiáns

Dpto. de Dirección, Dirección, Docencia, investigación, Guion

Pontevedra

España

Son Bea Saiáns (Vigo, 1991) nacín en Vigo porque é onde hai hospital, pero son do Valmiñor. Son graduada pola UVIGO en Comunicación Audiovisual (2016). Axiña funme formar máis no Instituto Politécnico do Porto e na Universidade Católica Portuguesa (Porto, Portugal). Estou especializada en Comunicación e Xénero (UAB,2018) formada tamén complementariamente a través de residencias La Plantación, con Víctor Erice, Pedro Costa e Joan Fontcuberta. Así como con Carla Simón polo Centre Francesca Bonnemaison, (Barcelona).
A nivel formativo tamén fun beneficiaria da I Edición CIMA Mentoring 1 to 1 (2021) organizado polo ICAA, Netflix e CIMA.O 8 de Marzo de 2022 sacamos á luz CRU Producións. CRU gaña ese mesmo ano o 1o Premio á Mellor Iniciativa Empresarial pola Dep. de Pontevedra. O primeiro propósito de CRU é o apoiar ás mulleres e ás persoas do colectivo LGTBIQA+. Sae desa vontade Ratatá (2022). Vídeo musical de O Rabelo co que gaña unha mención especial no Festival de Cans (2023). Ademais son guionista e directora da serie Régimen, que recibe unha residencia (2021) en LaBonne e tamén o acceso ao programa AGAPI COPROS coa produtora Portocabo (2023). No 2024 escrebe e dirixe a serie Delirio Sketchs, seleccionada nas residencias A Casa No Alto, no programa de titorías para mulleres guionistas AGAG-Fundación SGAE (2023),Conecta+ de CREA e é finalista no Festival Carballo Interplay.

DATOS DE
CONTACTO

PROYECTOS
DESTACADOS

ARROLO DE CUMIEIRA

BEA SAIÁNS

2020

VIDEOCLIP

RATATA

BEA SAIÁNS, EIRE CID

2022

VIDEOCLIP

REGIMEN

BEA SAIÁNS

SERIE

DELIRIO SKETCHS

BEA SAIÁNS

SERIE

DILIGENCIA TRAVESTI

BEA SAIÁNS

CORTOMETRAJE